Unha tese demostra os beneficios do Programa de Recuperación e Enriquecemento Pass-Lector

A pesar do tempo que se dedica na escola á lectura por que non se consegue que o alumnado obteña un bo nivel de comprensión lectora? Na súa tese de doutoramento Aida Ramos buscou respostas a esta pregunta co obxectivo de avanzar no tratamento educativo e preventivo da dificultade lectora que os estudantes poden ter nos seus primeiros inicios na lectura. Nela demostra a eficacia do Programa de Recuperación e Enriquecemento Pass-Lector.

Baixo o título Prevención do risco de dificultades de aprendizaxe lectora mediante un programa de intervención cognitiva, a tese foi presentada na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense e realizada baixo a dirección de Sonia Alfonso Gil e Manuel Deaño. “Aprender a ler é unha das actividades máis importantes e útiles que realizamos ao longo da nosa vida estudantil, profesional, social e persoal. A lectura é unha tarefa que leva implícita a comprensión lectora. Ler non é só descodificar, senón que ler implica tamén comprender, gozar, aprender e proseguir nos estudos dunha maneira máis comprensiva e eficiente”, contextualiza a xa doutora.

Ler a nova completa no DUVI